Novas

"A nefasta xestión de Núñez Feijóo"

Multiplicou por 7 a débeda de Galicia, mentres reducía o gasto público da comunidade, provocando unha reducción dos servizos á cidadanía e a precarización dos mesmos. Ademais, empregou os cartos que pediu emprestados en pagar os gastos correntes, reducindo de xeito importante as inversións; menos gasto, menos servizos, moitas máis débeda e pouca inversión = futuro pésimo para Galicia.

Ainda que o señor Feijóo se venda como bo xestor, sobre todo de cara ó seu salto político a Madrid, nós os galeg@s coñecemos a realidade; o señor Feijóo está arruinando Galicia.


"Mostramos a nosa preocupación pola situación financeira do Concello de Allariz"

No que levamos de ano, o goberno local ten demostrado que a situación financeira do Concello é certamente preocupante, pois en menos de tres meses xa pediu créditos por valor de 930.000 euros so para o pago a proveedores. Ante esta situación, acometer os proxectos anunciados polo goberno do BNG vai ser moi difícil e levaranos a un novo aumento da débeda, que está xa nos 4.1 millóns de euros, sen contar os créditos pedidos en 2018. Se non mellora a situación preguntámonos se o futuro non será unha intervención do Concello por parte da Deputación, o cal sería desastroso para o futuro da vila.