Quenes somos nós?

Somos un grupo de xente de moi distintos ámbitos sociais e de diferentes lugares do Concello de Allariz que nos unimos entorno dunhas ideas progresistas e de esquerda, que temos a vontade de traballar polos veciñ@s de Allariz, para darlles un presente diferente e un futuro mellor. 

 

Dende o ano 2015, cando acadamos unha concelleira nas eleccións locais, non deixou de medrar o grupo de persoas que se achegou a nós, de tal forma que o pasado 3 de febreiro de 2018 constituimos a nosa propia Agrupación Local. Dende ese momento redrobramos os nosos esforzos e a nosa aposta por mellorar Allariz sumando a máis e máis persoas.

 

Os responsables da nosa organización, elixidos polos compañeir@s militantes na última asemblea local, foron:

 

·Secretaria Xeral: Zaida Rodríguez

·Secretario de Organización: Luis Pérez

·Secretario de Política Municipal: Miguel Castro

·Secretaria de Igualdade: Andrea Fernández