O Concello

 

No Concello de Allariz hai tres grupos políticos, que se distribúen así:

 

·GM Nacionalista: 9 concelleiros

·GM Popular: 3 concelleiros

·GM Socialista: 1 concelleira

 

A nosa labor é facer oposición ao goberno local do BNG, pero o noso xeito de facelo é sempre dende unha visión constructiva e responsable; o ben dos veciñ@s está por riba de todo e vai máis alá dos partidismos. Por elo, centrámonos en fiscalizar, vixiar e correxir a labor do goberno, pero imos máis alá, propondo moitas iniciativas propias.

Todo elo pódelo ver nas diferentes seccións desta páxina web.

Animámoste a participar e propornos iniciativas e actividades, así como avisarnos ou aconsellarnos para mellorar.


Propomos

A través das mocións que presentamos, propomos multitude de iniciativas en moitos eidos de actuación diferentes. O contido de todas elas atópase na sección 'Mocións Socialistas' desta web.

Fiscalizamos

En todos os plenos que se celebran, a través da nosa concelleira, pedimos contas ao goberno local polas actuacións que realiza, así como pedimos información para pola á disposición da cidadanía.

Reclamamos

Sempre buscamos que o ben común prime sobre o particular, por elo reclamamos que o goberno local actúe para mellorar as condicións sociais da veciñanza alí donde hai unha necesidade da que teñamos conta.